O territorio do concello de Ordes é unha
penechaira que vai baixando de altura desde o norte ata o sur. Está limitado ao
oeste e leste polos ríos Lengüelle e
Samo, ambos os dous afluentes do
Tambre e ocupado no centro pola cunca do Río Cabrón, o principal afluente do Lengüelle.
  (Preme na imaxe para ver máis grande)
 
  A suavidade das formas do seu relevo (e do de
case toda a comarca) débese a que o terreo está composto de xistos
-formando unha ampla unidade coñecida como "Xistos de Ordes"-. 
  O clima
é oceánico hiperhúmido con precipitacións que chegan facilmente aos 1.500 mm anuais e unha
temperatura media ao redor de 12-13ºC,
que pode dar unha falsa impresión porque os meses invernais son fríos e as
xeadas habituais. 
  Aínda que é o concello con máis poboación da comarca, a densidade é
máis baixa que a media galega e moi por baixo da provincial. 
  Conta con bonitas paisaxes e un interesante patrimonio artístico.
ORDES: INFORMACIÓN BÁSICA 
 | 
 |
Extensión: 157, 23 Km2 
 | 
  
Poboación (2020): 12.625
  habitantes 
 | 
 
PIB (1916): 217,4 millóns
  de € 
 | 
  
Densidade: 80 habitantes /
  Km2 
 | 
 
PIB / hab: 16.919 € 
 | 
  
Núcleos habitados: 218 
 | 
 
Renda per cápita bruta: 18.851 € 
 | 
  
Parroquias: 13 
 | 
 

No hay comentarios:
Publicar un comentario