No ano 2009 creouse o escudo da Mancomunidade
de Ordes. Logo de que a proposta da Comisión Heráldica da Xunta fose aprobada
nunha asamblea o 3 de marzo, case nove meses despois foi publicada no DOG do 26
de novembro a orde pola que se aprobaba o escudo e a bandeira da Mancomunidade
de Ordes.
O
escudo ten unha ponte de ouro a dúas augas de sete ollos, mazonada, sobre ondas
de prata e azur superado dun carballo de ouro froitado de sete landras de
goles. Todo elo con coroa real pechada. A ponte cos seus sete ollos simboliza a
unión dos sete concellos que conforman a Mancomunidade. As ondas de azur e
prata representan o río Tambre e os
seus afluentes. A cor sinople e o carballo de ouro lembran a riqueza forestal,
agrícola e gandeira da comarca ordense mentras que as sete landras de goles
identifícanse con cada un dos termos municipais.
Na bandeira, máis simplificada, non aparecen
a ponte nin o río, soamente o carballo de ouro coas landras vermellas sobre fondo verde.
De propina tedes un par de vídeos propagandísticos da Mancomunidade de Ordes.
De propina tedes un par de vídeos propagandísticos da Mancomunidade de Ordes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario