Un vértice xeodésico é un punto sinalizado que indica unha posición xeográfica
exacta conformando una rede de triangulación con outros vértices xeodésicos. Antigamente
a exacta posición dos vértices servía para axudar a elaborar mapas topográficos
a escala, tanto nacionais como rexionais.
En España
hai uns 11.000 vértices que están sinalizados por unha columna cilíndrica de 120 centímetros de
altura e 30 de diámetro sustentada nunha base prismática de formigón de tamaño
variable. Todo isto pintábase de cor branca e na España seca a cor aínda dura.
Normalmente
están en sitios altos e despexados desde os que se poden divisar outros puntos
similares. Na nosa comarca pasaba así antigamente pero agora a maioría están
ocultos polos eucaliptos e ningún conserva a cor branca, senón a gris do
formigón. Sorte hai se se poden ver.
Desde 1975
están protexidos pola Ley sobre Señales
Geodésicas y Geofísicas, o que non os libras das pintadas feitas por algúns
panocos.
No concello de ORDES hai tres vértices xeodésicos.
O máis fácil de observar está na parroquia de Mercurín, a 428 metros de altura, no
medio dun eucaliptal próximo á aldea de Guntín. Áchase no medio dun claro sen moitas árbores que obstaculicen a súa visión e está bastante limpo agás unha pequena zona con hedra.
No Mesón do Vento (Ardemil), está o punto de maior altura do concello (464 metros). Alí hai outro vértice xeodésico, totalmente envolto pola hedra, a carón
dun depósito de abastecemento de auga.
Finalmente na parroquia de Vilamaior, no chamado Coto da Pena, preto da Pedreira a 406 metros de altura e tamén no medio dun eucaliptal podemos atopar o terceiro vértice xeodésico, neste caso con moitas dificultades porque o bosque é mesto e ademais está cuberto de vexetación.
Na COMARCA hai 12 vértices xeodésicos, aos que
podemos engadir os de Facha (509
m) e Vilardoa (473 m), ambos os dous case na fronteira oeste
de Trazo. De toda a comarca, o que está a maior altura é o de Cerceda e o máis
espectacular o que está a carón da ermida de San Nicolao en Frades.
Podedes localizalos neste MAPA.
|
VÉRTICES
XEODÉSICOS DA COMARCA
|
|
Cerceda: Alto da Cerdeira (594 m)
|
|
Frades: Capela de San Nicolao (428 m)
|
|
Mesía: Rozamonte (461 m), Montouto (541) e
Coto de Picoi (541)
|
|
Ordes: Guntín (428 m), Mesón (464) e A
Pedreira (406)
|
|
Oroso: O Petón -Senra- (363 m)
|
|
Tordoia: Tenzas da Costa (530 m), Pedroso (399),
Abelleiro (389)
|
|
Trazo: Medorra (423 m)
|



No hay comentarios:
Publicar un comentario