miércoles, 29 de noviembre de 2023

O cruceiro de Santa Cruz

 
  Situado no adro da igrexa de Santa Cruz de Montaos a uns 60 metros ao oeste do edificio e preto da N-550, este cruceiro destaca pola súa altura xa que se aproxima aos 5 metros e medio.
  A base é unha plataforma cuadrangular de tres graos que se elevan uns 70 centímetros do chan. Enriba deles hai un pedestal duns 55 centímetros de alto cunha gran moldura cóncava (o que en linguaxe arquitectónica se denomina escocia).
  Do pedestal xorde un alto varal duns 3 metros. Nace cadrado durante uns 50 centímetros e tamén remata cadrado pero a maior parte é octogonal. O capitel ten forma troncopiramidal invertida con astrágalo cuadrangular e liso, ábaco de lados curvos e vértices achafranados. Está adornado con volutas, follas de bordes lobulados e flores.
  A cruz, sen figuras e cuadrangular con brazos achafranados, ten case un metro de altura. É o único elemento do cruceiro que está feito de formigón, o que fai supoñer que pode ter unha orixe máis recente, de principios do século XX.
  Se queres ver máis fotos e unha vista de rúa preme en Cruceiro de Santa Cruz da excelente web Todos los cruceiros de Galicia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario