jueves, 6 de abril de 2023

Festas en 1946

 
  En 1946 contamos co habitual lote de festas, moitas das cales apareceron nos xornais da época.
  En abril celebrouse a festividade da Virxe das Dores despois dun novenario moi solemne. Predicou o franciscano Padre Serafín. Houbo iluminación eléctrica no camarín da Virxe custeada polos seus devotos. De paso levouse a restaurar a Santiago a imaxe da Inmaculada. En Mercurín o día 22 tivo lugar a festa de Santa Lucía.
  En Buscás o día 20 de xuño celebrouse o Corpus, custeado polo veciño do Pereiro Manuel Suárez que contratou unha "boa banda" e adquiriu unha "forte" cantidade de fogos artificiais. O 24 foi a festa do Carme, celebrada polos veciños do Bidueiro, Casal, Alto, Darefe, Balado e Gosende. O presidente da comisión foi Fernando Conde Recouso.  
  Tamén ese día celebrouse en Montaos a festa do Sagrado Corazón. As misas foron amenizadas pola orquestra de García Jiménez. Nos cultos vespertinos predicou "con gran elocuencia" o Padre Cándido Valles da Orde Franciscana. A culminación foi a procesión onde os nenos da escola nacional recitaron un diálogo e poesías. Ao final un grupo de nenas, todas vestidas de cor branca, recitaron máis poesías. Recibiron moitas felicitacións o sacerdote don Juan Simal e a mestra Mercedes Méndez.
  O día 26 sería o San Paio de Buscás, neste caso cos gastos a cargo da parroquia. O día 29 comezaron as festas de Ardemil na honra de San Pedro celebradas no Mesón do Vento con iluminacións eléctricas, pero aos ardemilenses debeulles parecer pouco e o día 5 de agosto tamén celebraron a Virxe das Neves (que tiña unha confraría establecida). O  párroco D. Manuel García Castro logrou levar "unha afinada música". 
  
  En agosto o prato forte serían como sempre as festas patronais de Ordes das que o xornal El Ideal Gallego publicou unha reseña o martes 20 de agosto. 

  Con una afluencia de forasteros se han celebrado nuestras fiestas parroquiales, las cuales estuvieron a gran altura.
  Las religiosas revistieron gran solemnidad, predicando ambos días el reverendo P. Ramón Fernández, de la seráfica Orden de Asís, quien confirmó su fama de orador sagrado que supo cumplir su cometido con gran elocuencia y abundancia doctrinal, consiguiendo llenar el templo.
  Las procesiones resultaron muy lucidas, venciendo las dificultades habidas, saliendo procesionalmente la veneradas imágenes del Sagrado Corazón, Nuestra Señora del Perpetuo Secreto y de San Roque, acompañadas de numerosos fieles.
  Recibieron el Pan de los Ángeles por primera vez las niñas* Mª Jesús Liñares Stolle, Mª de los Ángeles Pardo Vázquez y Josefa Martínez Viqueira, que se acercaron al altar acompañadas de sus familiares. Las autoridades presidieron todos los actos en el templo y en la calle. Nuestro párroco cantó la misa los dos días.
  Las iluminaciones eléctricas, bajo el frondoso arbolado de nuestra alameda contribuyeron al mayor realce de la fiesta nocturna, que fue amenizada por la afinada colectividad de Arca (Pino) y por la simpática agrupación artística "Florida" de Pontevedra, las cuales cosecharon calurosos aplausos.
  Plácemes merecen los organizadores de estos actos.
  En Leira, Barbeiros, Beán, Deigebre y Castenda también se celebraron fiestas en honor de la Santísima Virgen y del glorioso San Roque, cuyos párrocos procuraron satisfacer los anhelos de sus amables feligreses.
  Celebraron su santo nuestro querido párroco don Joaquín Andrade Orza y el médico municipal del primer distrito D. Joaquín de Juan Casas los cuales fueron muy felicitados por sus numerosas amistades.
 
  En novembro, ademais de contemplar a marcha do ecónomo de Mercurín D. Lino Caramés García para Vilouchada onde sería capelán administrador, o día 28 tivo lugar a festa de San Clemente e o día 30 a do Santo André de Lesta, parroquia que estaba anexada á anterior. En Ordes o día 30 comezaba a Novena coa que as Fillas de María honraban á Virxe.
 
* Mª Jesús Liñares Stolle: filla maior do futuro alcalde Juan Liñares Castro e de Ángela Stolle Ramos. Herdou a farmacia de Abaixo. Casou en 1960 co médico Leandro Rodríguez Buján.
Mª Ángeles Vázquez Pardo:-no xornal apareceu cos apelidos cambiados- neta do empresario Pedro Pardo Fandiño e irmá maior da mestra Emilia de Pardo. Morreu no ano 2006.
Josefa Martínez Viqueira Fefa do Nogallás (1938-2021): filla de Ricardo Martínez e propietaria do Hotel Nogallás. Casada con José Manuel Loureda Couceiro e nai de tres fillos, dous dos cales morreron con 19 anos.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario