Tanto por tamaño (ata
56 cm  de
longo e 130 de envergadura) como por abundancia, o indiscutible rei dos ceos da
comarca é o miñato,
facilmente visible moitas veces en cables ou postes da luz axexando
pacientemente ás súas presas. Calcúlase que un miñato pode cazar ao ano ata
6.000 micromamíferos, o que o converte nun gran benefactor dos agricultores.
Quizais de aí veña o refrán:
Non quero vida nin tratos / con xente espanta miñatos.
  Hai dúas especies do xénero Accipiter na comarca, o azor e
o gabián.
Ambas as dúas son moi parecidas (lombo de cor gris, peito branco con gran
cantidade de pequenas manchas horizontais negras e as patas moi amarelas).
Tamén comparten a preferencia por pequenas aves como presas, pero o azor é
considerablemente máis grande -uns 20 cm  máis longo- o que lle permite atacar a pegas marzas, pombos e mesmo lebres. Por certo que nas
dúas especies a femia e algo maior có macho (a do azor pode chegar a ter 58 cm  de longo e unha
envergadura de 120, mentres o macho queda en 48 e apenas 100).
  O único representante do xénero Circus (en galego coñecidos como rapiñas
ou tartarañas e en castelán como aguiluchos), é o máis pequeno -entre 40-46 cm  e ata 110 cm  de envergadura- e
elegante de todos, a tartaraña cincenta, así chamada pola súa cor gris.
  Finalmente o xénero Falco conta con dúas especies de tamaño moi similar -uns 35 cm  de longo-, o lagarteiro
cuns 75 cm 
de envergadura e o falcón pequeno que chega aos 80. O primeiro é de
cor marrón clara e aliméntase de presas do chan (ratos, toupas, lagartos ...),
mentres o segundo, moito máis escuro, ataca a maior variedade de presas e mesmo
a morcegos entre lusco e fusco.
(Accipiter gentilis) 
 | 
  
azor 
 | 
 |
(Accipiter nisus) 
 | 
  
gavilán 
 | 
 |
(Buteo buteo) 
 | 
  
busardo
  ratonero 
 | 
 |
(Circus pygargus) 
 | 
  
aguilucho
  cenizo 
 | 
 |
(Falco tinnunculus) 
 | 
  
cernícalo 
 | 
 |
(Falco subbuteo) 
 | 
  
alcotán
  europeo 
 | 
 
  Na comarca de Ordes
hai cinco especies de rapaces nocturnas, pois falta a maior de todas, o bufo (Bubo bubo) cos seus 70 cm de altura. A máis facilmente observable
pola súa proximidade ao home é a curuxa que se distingue
fortemente das outras especies pola súa cor dourada e branca. O bufo pequeno e o moucho de orellas comparten a
característica de ter dous penachos faciais con aspecto de "orellas".
O moucho, ave antes tan abundante que en Portugal chámanlle mocho-galego, é o máis pequeno de todos
cos seus 22 cm, mentres que a avelaiona é o maior cos seus
40 cm. 
Todos eles arrastraban unha pésima reputación pois eran consideradas aves de mal agoiro, que ata podían predicir mortes na veciñanza, e por iso temidas e odiadas. Por suposto, nada é certo e, moi ao contrario, son grandemente beneficiosas.
Todos eles arrastraban unha pésima reputación pois eran consideradas aves de mal agoiro, que ata podían predicir mortes na veciñanza, e por iso temidas e odiadas. Por suposto, nada é certo e, moi ao contrario, son grandemente beneficiosas.
bufo pequeno, mou 
 | 
  
(Asio otus) 
 | 
  
búho
  chico 
 | 
 
(Athene noctua) 
 | 
  
mochuelo 
 | 
 |
(Otus scops) 
 | 
  
autillo 
 | 
 |
(Strix aluco) 
 | 
  
cárabo 
 | 
 |
(Tyto alba) 
 | 
  
lechuza 
 | 
 


No hay comentarios:
Publicar un comentario