O peche de granxas de gando vacún é unha
constante en toda Galicia. A suba dos custes de produción, a falta de relevo
xeneracional e o progresivo despoboamento do campo son algúns dos factores que
explican este proceso.
  A comarca de Ordes está na mesma situación.
Entre os anos 2005 e 2022 pecharon 6 de cada 10 granxas, concretamente o 62,4%,
cifra que supera lixeiramente o promedio da provincia da Coruña (59,22%). 
 Malia este devalo no número de explotacións,
a cabana gandeira mantívose estable na comarca. Apenas 1.350 vacas menos e só 5
se consideramos especificamente as vacas de muxidura. 
  Nestes 17 anos en todos os concellos da
comarca pecharon un gran número de granxas e aínda así en Frades, Mesía e Trazo medrou a cabana gandeira. Pero mentres nos dous últimos a suba foi mínima, Frades en cambio aumentou contundentemente o seu número
de reses (83% do total do aumento comarcal), consolidándose
como un dos municipios gandeiros por excelencia de Galicia e o primeiro da comarca sen discusión.
  Os outros 4 concellos (os 3 centrais máis
Tordoia) perderon animais neses anos, sendo Ordes o municipio onde máis baixou
o censo vacún, pois mentres en 2005 contaba con 0,4 reses por habitante no 2022
esta cifra baixou a 0,2.
  Como no resto de Galicia as explotacións que
sobreviviron aumentaron o seu tamaño, nalgúns casos duplicando e mesmo
triplicando o número de animais. É o caso de Cerceda que pasou de ter unha
media de 14,5 vacas por granxa no 2005 a 40,8 no 2022. En Frades este aumento foi desde as 32,5 ás 80,2 vacas por explotación.
  O que non variou apenas foi a tipoloxía,
representando as vacas de muxidura algo menos da metade do total. Do 47,5% que
había en 2025 pasouse ao 47,8% no 2022.
  Por municipios, a maior parte do gando
leiteiro está en Frades e Mesía, se ben, mentres en Frades representan o 56% do
total, en Mesía o seu peso é menor sendo só o 38%
.
| 
   EXPLOTACIÓNS e Nº de VACAS de 2005 a 2022 
   | 
 ||||||
| 
   Concello 
   | 
  
   Granxas 
   | 
  
   +- 
   | 
  
   Vacas leite 
   | 
  
   +- 
   | 
  
   Vacas (v/h) 
   | 
  
   +- 
   | 
 
| 
   Cerceda 
   | 
  
   99 
   | 
  
   -227 
   | 
  
   1.522 
   | 
  
   -339 
   | 
  
   4. 037 (0,3) 
   | 
  
   -702 
   | 
 
| 
   Frades 
   | 
  
   198 
   | 
  
   -154 
   | 
  
   8.897 
   | 
  
   2.328 
   | 
  
   15.884
  (3,9) 
   | 
  
   4.460 
   | 
 
| 
   Mesía 
   | 
  
   233 
   | 
  
   -222 
   | 
  
   6.666 
   | 
  
   -219 
   | 
  
   13.187 (2,7) 
   | 
  
   690 
   | 
 
| 
   Ordes 
   | 
  
   271 
   | 
  
   -408 
   | 
  
   2.837 
   | 
  
   -1.615 
   | 
  
   7.491 (0,2) 
   | 
  
   -3.273 
   | 
 
| 
   Oroso 
   | 
  
   139 
   | 
  
   -156 
   | 
  
   1.148 
   | 
  
   -378 
   | 
  
   3.388 (0,2) 
   | 
  
   -1.054 
   | 
 
| 
   Tordoia 
   | 
  
   209 
   | 
  
   -314 
   | 
  
   5.236 
   | 
  
   -853 
   | 
  
   10.081 (1,6) 
   | 
  
   -1.652 
   | 
 
| 
   Trazo 
   | 
  
   207 
   | 
  
   -228 
   | 
  
   6.147 
   | 
  
   1.071 
   | 
  
   13.036 (2,0) 
   | 
  
   197 
   | 
 
| 
   Comarca 
   | 
  
   1.356 
   | 
  
   -1.709 
   | 
  
   32.453 
   | 
  
   -5 
   | 
  
   67.834 
   | 
  
   -1.334 
   | 
 
TOP
10
  En 2022 a comarca de Ordes situaba 3 municipios no
Top 10 de Galicia por número de explotacións gandeiras: Ordes era o 4º, só por
detrás de Arzúa, Mazaricos e Santa Comba. Mesía era o 7º e Tordoia pechaba a
lista co seu 10º posto.
  Pero se falamos de cabezas de gando, mudaba o
podio, aparecendo Frades no 3º posto, Mesía no 5º, Trazo no 6º, Tordoia no 7º e
Ordes quedando en 12º lugar. Restrinxindo a clasificación só ás vacas leiteiras
as posicións son similares.
CALIDADE
  A comarca de Ordes pode presumir da calidade
do seu leite. Nas últimas edicións  dos
Premios Exceleite desde 2019 ata 2024 as gandarías ordenses acadaron 16
premios, entre eles 11 ouros. A máis galardonada foi a Casa Landeira de Trazo
con 3 ouros e 1 prata, seguida con 2 ouros por Jesús Baleato de Tordoia e
Carmen Iglesias de Ordes. Por municipios, Tordoia é a onde foron a parar máis
premios (4 ouros e 1 prata), seguido de Trazo (3 ouros e 2 pratas). 
  Fóra da comarca destacaron Aranga, Friol e
Guntín.  
No hay comentarios:
Publicar un comentario