sábado, 14 de febrero de 2026

Inauguracións escolares en 1964


 Xullo de 1964 foi un bo mes para a comarca a nivel educativo. Varios edificios escolares foron inaugurados polo gobernador civil Evaristo Martín Freire, acompañado no seu labor polo subxefe do "Movimiento" José Luis Amor Fernández.
  A viaxe pola comarca tivo lugar o luns 27 de xullo e iniciou ás catro e media da tarde. No Mesón do Vento o gobernador foi recibido polo alcalde Juan Liñares Castro, o primeiro tenente José Galán López e o secretario Ángel Concheiro. Na súa compañía dirixiuse ao consistorio onde foi recibido polo resto da Corporación e outras personalidades locais. Alí subiu á sala de actos onde examinou a exposición "25 Años de Paz" (inevitable aquel ano).
  A continuación a comitiva saíu á rúa e procedeuse á inauguración de dúas escolas con vivenda incorporada, unha en Alfonso Senra e outra na calle General Mola (hoxe Rúa de Galicia). Logo inauguráronse outras dúas na Cruz de Beán e en Vilasenín (Leira). As catro escolas tiñan un custo de máis de 800.000 pesetas.
  Seguidamente gobernador e subxefe puxeron rumbo a Trazo onde foron recibidos polo alcalde Antonio Boquete Casas, o secretario Blanco Rey e o resto da Corporación. Trazo era entón a Galicia profunda e deberon deixar o coche oficial para realizar moitos quilómetros nun jeep por "camiños veciñais" -eufemismo para corredoiras impracticables-. Alí inaugurou un grupo de dúas escolas en Chaián, outro grupo en Morlán, unha en Xavestre e outra en Castelo. Tamén inaugurou dous lavadoiros na Baixa e en Xavestre. Todas esas obras custaran 1.310.000 pesetas.
  A última etapa da viaxe foi Oroso onde foi recibido polo alcalde Andrés Varela Villar o Carralés e onde inaugurou un grupo de dúas escolas en Pasarelos, outro en Trasmonte e outro máis en Senra, unha escola en Sigüeiro e outra en Vilacide. O custo destes edificios foi de 1.870.000 pesetas. Preto das nove da noite concluíu esta viaxe que, dadas as condicións viarias daqueles tempos, podemos cualificar como digna dun piloto de Fórmula 1. O valor total das construcións roldaba os 4 millóns de pesetas.

martes, 10 de febrero de 2026

Parroquias de Oroso en 1607

   Jerónimo (ou Géronimo) del Hoyo foi un relixioso castelán que desde 1603 visitou e documentou a arquidiocese de Santiago de Compostela en nome do arcebispo Maximiliano de Austria. Levou a cabo unha descrición das parroquias, vilas, cidades, hospitais e fortalezas, que deixou recollida no libro Memorias del Arzobispado de Santiago de 1607. Aquí tedes os textos -no idioma orixinal- sobre as parroquias de Oroso (que entón aínda non existía como concello), oito do Arciprestado de Barbeiros e tres do de Berreo de Arriba.
 
SANTO TOME DE VILLAROMARIZ, ANEXO A SAN MIGUEL DE GANDARA
  Esta felegresía tiene treinta feligreses*. Los fructos todos a la cura, que valdrán cinquenta cargas de todo pan, sin el beneficio de Gándara que anda anexado con este; después que se fué a Castilla uno de Vallejo que lo tenía por si y murió. Presentación del arçediano de Cornado*. La fábrica tien un lugar que anda arrendado en dos cargas y medio de centeno y lo trae arrendado Juan de Mosquera de Miraz, escribano.
 
SANTA MINIA DE MARÇOA, ANEXO A LA CAPILLA Y COLLEGIO DE SANTI SPIRITUS
  Esta felegresía tiene treinta y un feligreses. Los frutos se hacen dos partes: la una y un desmero los racioneros (fol. 369, r.) y la otra por sincura patrimonial, Juan Rodríguez de Tasende, Procurador y los herederos de Pedro Suárez. Vale la parte de Santi Spiritus, que es la cura, veinte cargas de todo pan y ponen capellán. La fábrica tiene unas leiras que le dan cinco ferrados de trigo y trece de centeno y dos reales en dinero. Hay una capilla, dentro, en el coro al lado del Evangelio con vocación de San Pedro, la qual fundó Bastián Fresco y no la dotó. Está al cargo de Juan Rodríguez de Tasende, como hermano del dicho Bastián Fresco.
 
SAN JUAN DE CALVENTE       
  Esta felegresía tiene dies y ocho feligreses. Los fructos todos a la cura que valdrán veinte cargas de pan. Presentación del monasterio de San Martín. La fábrica tiene ciertas heredades que le rentan cinco ferrados y medio de pan. Hay una hermita de Nuestra Señora de Grabanza cerca del Naruço*. Está decente; no tiene más de un altar en el qual dize el retor hay devoción de venir sacerdotes a dezir misa los sábados de la Quaresma (fol. 369, v.).
 
SAN MAMED DE LOS ANGELES, ANEXO A CALVENTE
  Esta felegresía tiene quarenta y ocho feligreses. Los frutos se hacen tres partes: las dos y un desmero y las dos partes del Iglesario llieva la cura y la tercia parte del iglesario nuestra dignidad. Vale la parte del retor treinta y quatro cargas de todo pan. Presentación del monasterio de San Martín de Santiago. La fábrica tiene ciertas heredades en doze ferrados y medio de centeno y seis ferrados y medio de trigo y medio ferrado de millo y un real en dinero.
 
SAN ROMAN DE PASARELOS 
  Esta felegresía tiene diez y ocho feligreses. Los frutos se hacen tres partes: la una y un desmero llieva la cura, que valdrá como ocho cargas de todo pan y la otra nuestra dignidad y la otra unos legos que llaman Pontes. La fábrica tiene cinco ferrados de trigo de renta. 
 
SANTA EULALIA DE SENRA
  Esta felegresía tiene treinta y cinco feligreses. Los fructos se hazen seis partes: las cinco y dos dezmeros llieva la cura y la sexta llieva nuestra dignidad. Vale la parte de la cura sesenta cargas de pan. Presentación del Conde de Altamira. La fábrica tiene de renta quince ferrados de trigo y tres de centeno de ciertas leiras. En una piedra questá en esta iglesia está escrita (fol. 370, v.) las letras siguientes:
            ERA MCX.C. VIIII.
EGO. JOANES. PETRI. LEVITA INFELIX. PECATOR. RESTAURAVI CUM AD IUTORIO DEI.
 
 
SANTA MARIA DE CARDAMA
  Esta felegresía tiene treinta y cinco feligreses. Los frutos se hacen tres partes: las dos y un desmero la cura, que valdrán como quarenta cargas de todo pan y la tercia llieva el Collegio de Santiago y dizen por el Collegio de San Gerónimo, cuya es la presentación. La fábrica tiene ciertas heredades que rentan veinte y ocho ferrados de trigo y dos de centeno, medio real en dinero, la mitad de una vaca y de una becerra.
 
SAN MIGUEL DE GANDARA, ANEXO DE SANTO THOME DE ROMARIZ
  Esta felegresía tiene veinte y dos feligreses. Los frutos se hacen tres partes: las dos y un desmero llieva la cura, que valdrá dies y ocho cargas de pan y la tercia el conde Altamira. Presentación de nuestro Cabildo y llieva por ello quatro cargas de patronazgo. La fábrica tiene solo tres reales de renta de unas leiras (fol. 372, r.).
 
SAN ESTEVO DE TRASMONTE
  Esta felegresía tiene treinta feligreses. Los fructos se hazen tres partes: las dos y un dezmero la cura y la tercia el collegio de Santiago. Presentación de legos de tres lugares de la felegresía. La fábrica tiene de renta cinco reales de trigo y dos de centeno.
 
SAN MARTIÑO DE OROSO
  Esta felegresía tiene treinta y tres feligreses. Los fructos se hazen dos partes: la una y un dezmero llieva la cura y la otra el Conde de Altamira. Vale la parte del retor veinte y tres cargas de todo pan. Presentación del Conde de Altamira. La fábrica tiene ciertas heredades que suelen andar en seis ferrados de pan.
 
SANTA MARIA DE DEIXEBRE
  Esta felegresía tiene veinte y quatro feligreses. Los fructos se hacen seis partes: las tres  y un dezmero y la dos el Conde de Altamira y la sexta es sincura collativa y anda en litigio entre un hijo del secretario Parga y otro. Vale la parte del retor veinte cargas de pan. Presentación del monasterio de San Martín y de su forero en su nombre. La sincura es de presentación de legos. La fábrica tiene de renta nueve ferrados de centeno y quatro reales. Andaba arrendada una leira y dicho un Juan Botana que la traia y que la dexara luego a la iglesia y que no le pidiesen renta atrasada (fol. 389, r.). 
 
* Jerónimo del Hoyo rexistrou a poboación en feligreses, vecinos, fuegos ou casas, non en habitantes individuais. Deste xeito hai que usar un índice de conversión que os demógrafos (aínda con dúbidas) acostuman fixar en 4,5 habitantes por casa ou veciño. Por exemplo, 10 veciños serían 45 habitantes.
* Cornado: Os arciprestados estaban agrupados en entidades superiores chamadas arcediagados (arcedianatos en castelán). O arcediagado de Cornado incluía 9 arciprestados que tiñan un total de 187 igrexas, entre eles os tres da comarca de Ordes, Berreo de Arriba (18), Berreo de Abaixo (22) e Barbeiros (36), máis Bama (12), Piloño (19), Insua de Loño (9), Benvexo (18), Ferreiros (20) e Sobrado (25).
* Naruço debe referirse ao río Maruzo.

sábado, 7 de febrero de 2026

A odisea dos irmáns Fraga

   Nos anos 60 a emigración a América foi substituída pola emigración a Europa. Miles de mozos españois, e entre eles moitos galegos, marcharon a Alemaña, a Suíza e en menor medida a Francia ou ao RU buscando uns soldos que lles permitisen aforrar e volver a Galicia onde logo montarían un pequeno negocio co que vivir máis desafogadamente.
  Diso dan fe os moitos bares con nomes como Zurich ou Ginebra (ou Chaussy!) que poboaban a xeografía galega. Moitos acadaron ese soño e outros presumiron de logralo vindo durante o verán conducindo coches co D alemán ou a bandeira suíza na matrícula.
  Pero outros non tiveron tanta sorte e sufriron malas experiencias. Esta historia entra nesa segunda categoría.
 
  No lugar de Cestaños viviron Manuel Fraga Castro (1908-1983) e Manuela del Río Botana (1908-1985), matrimonio que tivo 3 fillos: Manuel, Hipólito e Juan Jesús.
  En xuño de 1962, cando tiñan 27 e 24 anos respectivamente, Manuel e Juan Jesús, como tantos outros mozos, decidiron emigrar a Suíza cheos de ilusión. Ao principio as cousas non lles foron mal, pero logo Jesús caeu vítima dunha enfermidade mental. Manuel coidábao como podía, pero vendo que Jesús empeoraba cada día que pasaba en Suíza, decidiu volver con el á casa familiar en Parada.
  O 19 de decembro de 1963 ambos os dous colleron o tren acompañados de moitos outros emigrantes (entre eles varios amigos seus) que volvían para pasar as vacacións do Nadal en Galicia.
  Pero non só estaba enfermo Jesús. A Manuel a tensión de tanto tempo coidando do seu irmán tamén lle pasara factura e tivo un ataque de tolemia. En Lyon metéuselle na cabeza que o tren non viaxaba na dirección axeitada e a pesar dos esforzos dos compañeiros por detelo, saíu do tren completamente alterado.
  En xaneiro a familia tivo noticias del. Resulta que estivo vagando sen rumbo por varias cidades francesas ata que en Perpiñán foi recollido en estado de inconsciencia pola policía francesa e internado no hospital da cidade. Afortunadamente reaccionou ben ao tratamento e xa recuperado escribiu aos seus pais para informalos. Pero el non sabía que pasara co irmán menor.
  Manuel Fraga, que entón contaba con 56 anos, cheo de angustia informou a Policía coruñesa dos feitos a mañá do 4 de xaneiro, rogando que fixesen todo o posible por localizar a Jesús, a quen supoñía perdido nalgunha cidade de Francia.
  O día que iniciou tan mal cambiou de signo coa chegada de Manuel, a quen fora a buscar a Francia Manuel Ríos Raña, un amable veciño de Cestaños. Pero non parou aí a alegría porque por fin a familia tivo noticias do fillo menor.
  Antes de que a Policía contactase coa Interpol un hospital psiquiátrico de Xirona informou que alí estaba internado Jesús, seguramente entregado polas autoridades francesas.
 
  Así acabou felizmente esta historia. Os dous irmáns volveron a Galicia e viviron longos anos. Manuel permaneceu solteiro. Juan Jesús casou con Flora Caamaño del Río coa que tivo dous fillos. Morreu en 2021 con 82 anos de idade e está soterrado en Pastoriza (Arteixo).

martes, 3 de febrero de 2026

Informe meteorolóxico 2025

  A nivel mundial o ano 2025 foi o 3º máis cálido, só 0,01º por detrás de 2023 e 0,13º do 2024 que (de momento segue a ser o ano máis cálido coñecido).
  Ademais da suba das temperaturas, máis pronunciada canto máis preto dos polos se fagan as medicións, tamén foi moi preocupante a concentración de dióxido de carbono que volveu a marcar un máximo histórico en 2025. Nada menos que 426 partes por millón (ppm), un aumento do 1,1 % respecto ao 2024. Teñamos en conta que cando comezou a medirse, en 1958, roldaba as 315 ppm. É dicir, sufrimos un aumento de máis de 110 ppm desde aquela data.
 
 
TEMPERATURAS
   En Galicia 2025 foi o cuarto ano máis cálido desde 1961 (despois do 2023, 2022 e 2024), cunha temperatura media de 14,7ºC (1,1º por riba da media).
  Todas as estacións tiveron temperaturas algo máis altas do normal, pero foi en verán cando máis destacaron, xa que foi o máis cálido desde que existen rexistros. Houbo dúas ondas de calor en xullo e agosto (cando antes o normal era unha cada tres ou catro anos). Non obstante sobresaíu o mes de xuño -no que tecnicamente non houbo unha onda de calor propiamente dita- que foi o máis cálido da historia con 20,5ºC (unha anomalía de 2,8º sobre a media). En xullo (1,3º sobre a media) houbo récords históricos como os 42,8º de Vilamartín de Valdeorras. En agosto (1,9º sobre a media) tamén foi significativa a duración da onda de calor que se prolongou 16 días.
  Esas temperaturas tan altas e unha primavera chuviosa provocaron que medrara unha abundante vexetación que ardeu en agosto con lumes explosivos contra os que foi dificilísimo loitar. Houbo preto de 1.500 incendios que queimaron unha superficie de case 120.000 hectáreas.
 
 
PRECIPITACIÓNS
  Foi un ano bastante húmido, sendo a precipitación media de 1.524 litros por metro cadrado, un 18 % máis do normal.
  A pesar de comezar bastante mollados cun mes de xaneiro extremadamente húmido e un abril tamén moi chuvioso, de xuño ata mediados de outubro caeu moi pouca auga. 
  E de repente... o diluvio. En novembro rexistráronse 422 litros por metro cadrado, unha auténtica barbaridade.
 
  Está claro que o orballo tradicional está a ser substituído por precipitacións máis concentradas no tempo e máis intensas. E por tanto tamén máis perigosas porque isto aumenta exponencialmente o risco de inundacións e danos.
  Na comarca de Ordes os tres concellos centrais (Cerceda, Ordes e Oroso) foron os que menos precipitacións rexistraron (entre 1.600 e 1.800 litros por metro cadrado ao ano) e aínda así foron altas. Mesía e Frades superaron os 1.800 e nas zonas máis occidentais de Tordoia e Trazo caeron máis de 2.200 litros.