sábado, 13 de septiembre de 2025

A familia Nouche (Beán)


   O patriarca da familia Nouche no século XIX foi Ventura Nouche Rosende (1816-1886), nado en Deixebre e casado con Antonia Gómez de Beán. Un dos seus fillos foi Melchor Nouche Gómez (n.1857) que casou con Agustina Pena Domínguez (n.1855) de Castelo (Trazo). Este matrimonio tivo polo menos 3 fillas (Francisca, Josefa e Carmela) e dous fillos varóns, que a comezos do século XX eran os dous homes máis ricos da parroquia de Beán.
 
  O maior, Ventura Nouche Pena (1883-1956) casou con María Sánchez Bouzas (1879-1953) e tiveron dous varóns, José (1907-1948) e Melchor, e 4 fillas: Dominga, Dolores, Carmen e Jesusa.
  Melchor Nouche Sánchez (n.+-1909) casou con María Gómez Ramos (1913-1999) de Recouso (Marzoa) e tiveron un par de fillos, José e Hermosinda. Melchor morreu moi novo e María volveu casar con Manuel Mosquera Garazo co que tería outros 6 fillos máis. José Nouche Gómez (1935-2013) emigrou a Cuba e logo a Florida.
  Dominga casou con José Meijide Rey (1912-1985) de Vilasuso e tiveron 5 fillos: Jesús, Lino (Confecciones Nouche), José, Antonio e Concepción. Estes tres últimos tiveron bares, Bar El Cesto e La Churrasquita en Santiago e Bodegón A Roda na Coruña respectivamente. Dolores (1919-2010) casou con Basilio Martínez Veiras (1921-2005) e Carmen con Ramón Suárez de Pereira. Por último, a menor Jesusa (n.1923), casada con José Rodríguez, emigrou con el ao Brasil.
 
 
Jacobo Nouche Pena (1889-1966) casou dúas veces, primeiro con Francisca Patiño Ríos (m.10-03-1919) coa que tivo tres fillos: María, Antonio Enrique e Sara. 
  Logo casaría en segundas nupcias con Jesusa Patiño Sánchez (1896-1959), coa que tivo 5 fillos máis: Elena, Regina, Aurora, José e Ramón Nouche Patiño.
  María del Carmen Nouche Patiño (1911-1999), a maior de todos, casou con Ramón Mosquera Varela (1911-1991) de Vilasuso. Tiveron tres fillos, Manuel, José e Rufino Mosquera Nouche.
  Enrique Nouche Patiño (1915-1983), o maior dos varóns, foi o máis coñecido na vila porque veu axudar ao Chocolateiro do que era parente. Logo nos anos 30 participou na Guerra Civil, chegando a ser sarxento, e foi ferido dúas veces, en Burgos e Asturias. Quedoulle unha coxeira permanente e unha bala no diafragma que nunca lle foi extraída.
  Estableceuse nunha das casas máis antigas da vila e alí tiña un dos establecementos máis concorridos. Casou con Pura Mosquera Ferreiro (1921-1983) coa que tivo 3 fillas: María, Aurora e Mª José.
  A maior foi a que herdou o local e casou con José Viqueira Mirás. Os seus catro fillos (Enrique, Carlos, Fernando e José) son coñecidos como os de Enrique. Aurora, a 2ª, casou co coñecido empresario Ramón Carro, e finalmente María José casaría con Ramón de Prado co que tería un único fillo antes de enviuvar prematuramente.  
  Sara Nouche Patiño (1917-2002) casou con José Ferreiro Moar (1903-1981) co que se estableceu na rúa dos Lagartos (tiñan unha taberna e casa de comidas a carón da panadería de Vitorio) e co que tivo unha longa familia de 9 fillos.
 
Elena (1920-2004) casou con Jesús Blanco Fernández (1920-1971) e tivo 3 fillos: José Antonio, Celia e Juan Antonio Blanco Nouche.
  Regina (1924-2021) emigrou ao Uruguay, mentres que José (1925-1964) e Aurora (n.1926) establecéronse en Oroso.
  Ramón Nouche Patiño (1934-2025), o máis novo dos irmáns, foi o que rematou quedando na casa familiar preto da igrexa de Beán. Casou con María Botana Liñeira, coa que tivo 5 fillas e un varón, José Manuel Nouche Botana, que ten a empresa Nouche Instalaciones Frigoríficas. Das fillas, Mª Isabel morreu moi nova o 4-8-2019.
 

2 comentarios:

  1. Qué emoción leer la historia de mi familia reflejada aquí, con tantos recuerdos que forman parte de nuestras raíces. Gracias por dedicarle tiempo y cariño a rescatar nuestra memoria.

    ResponderEliminar