jueves, 18 de septiembre de 2025

Gala contra o cancro 2011


   O vernes 29 de marzo celebrouse a 4ª edición (3ª en Ordes) da Gala contra contra o Cancro que organizaba a orquestra Panorama.
  Sen chegar ás multitudes que houbo no 2009 e 2010, miles de persoas encheron o campo da feira a pesar de que nesta ocasión o tempo non acompañou totalmente e houbo unha molesta chuvia.
  A gala foi presentada polo humorista Roberto Vilar, moi coñecido polo programa da TVG "Land Rober". Acompañaban os tamén humoristas da TVG Marcos Pereiro e Xosé Antonio Touriñán cos seus personaxes de Mucha e Nucha, as Cantareiras de Ardebullo.
 

  Polo escenario desfilaron unha morea de artistas consagrados: Malú, Merche, Pitingo, Ana Torroja, Melocos, Cherito, La Guardia e Robert Ramírez, aínda que o que acadou os maiores aplausos foi o brasileño Carlinhos Brown.
  A gala contou cun amplo dispositivo de seguridade que incluíu más de 100 persoas entre membros de seguridade privada, Policía Local, Garda Civil, Protección Civil, Bombeiros, Axencia Galega de Emerxencias e Cruz Vermella. Afortunadamente non houbo incidentes de importancia.
 

  Como sempre as ganancias da venda de CDs e camisetas foron destinadas á Asociación Española contra el Cáncer. O alcalde Manuel Regos congratulouse do novo éxito de público, pero quedou facendo moitos números. Eran tempos de crise e a débeda do Concello aumentaba de ano en ano. Era o momento de pechar a billa, así que esta sería a última gala celebrada en Ordes. A do ano 2012 xa tería lugar en Vilagarcía de Arousa. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario