A voda máis fastosa de 1961 foi a de Antonio Concheiro Carro, o fillo primoxénito de Antonio Concheiro Iglesias, médico e
antigo alcalde de Ordes nos tempos da República (volvería a selo no futuro), e
de Euduvigis
Carro Viqueira.
Antonio, tamén médico como o seu pai, acababa
de cumprir 25 anos en agosto e comprometeuse con Pilar Coello Bufill, filla
primoxénita do avogado Gonzalo Coello Cuadrado (director provincial pontevedrés do Instituto
Nacional de Previsión desde 1954 e de paso concelleiro de Vigo) e de Aurora Bufill Mollano.
Deste xeito a voda non se celebrou en Ordes,
senón no espectacular Mosteiro Mercedario de Poio o venres 8 de setembro.
Os padriños eran a nai do noivo e o pai da
noiva. Oficiou a cerimonia o xesuíta Padre Francisco Brandariz Caamaño, director da
Residencia Universitaria San Agustín de Santiago de Compostela. Ostentou a
representación xudicial Juan Liñares Castro, alcalde de Ordes e primo segundo do noivo.
Asinaron como testemuñas o avogado e
presidente da Cámara de P. Urbana da Coruña Manuel Gila Lamela, o médico da
Asociación da Prensa Coruñesa Víctor Fernández Alonso, o médico decano da
Beneficencia provincial Ramón Baltar Domínguez, o médico e director da clínica
"La Esperanza" Luis Sánchez Harguindey, o inspector farmacéutico de
Ordes Rafael Álvarez Salgueiro, o industrial coruñés (e tío do noivo) Antonio
Carro Viqueira, o funcionario do Instituto Nacional de Previsión da Coruña
(tamén tío) Luis Carro Viqueira, o avogado e secretario municipal de Ordes
(tío) Ángel Concheiro Iglesias, o director do Banco Pastor e de Macoga Manuel Concheiro García, o avogado e deputado provincial (tío) Celestino Concheiro Iglesias, o director do Banco de España en Burgos Enrique Sánchez Martín (tío
político), o alcalde de Padrón e deputado provincial Ramón Pazos Jiménez, e
finalmente o comerciante ordense Fernando Liste Mosquera Fernanducho.
Por parte da noiva asinaron o xeneral xefe da
81 División e gobernador militar da provincia de Pontevedra José Pérez y Pérez,
o delegado provincial de Traballo de Pontevedra José Mª Iborra Losté, o
delegado provincial de Sindicatos José Luis Galobar García, Arturo Leite
Paradela, os xefes de administración do Instituto Nacional de Previsión de Vigo
Eduardo Nogueira Dalmas e Eleuterio Criado del Rey, o xefe de departamento dese
organismo Juan Delgado Rodríguez, o avogado e vicesecretario provincial de
Ordenación Social David Pérez Puga, o industrial da Coruña Víctor Díez Martín e
o vigués Santiago Ruíz Martín.
Despois da cerimonia os invitados foron
obsequiados cun lunch no propio mosteiro. O xa esposos marcharon a continuación
á Toxa e logo a Palma de Mallorca onde pasaron a súa lúa de mel.
O matrimonio estableceuse en Ordes en Rosalía
de Castro, onde aínda reside, e tivo moitos fillos, todos moi coñecidos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario