Unha das estampas que xa
desapareceu das nosas vidas, pero que algúns puidemos ver na nosa infancia, era
aquela na que un campesiño levaba pola corda a unha vaca en dirección á Gorita
para que a montase o touro, o que aquí se chamaba "levala ó boi"
(expresión mal empregada porque tecnicamente un boi é un touro castrado, pero a
palabra toro -en castrapo- resérvase para os touros de lidia).
As paradas de sementais era
algo de interese público e por tanto moi regulado. Xa no século XIX no Boletín
Oficial da Provincia de La Coruña do 4 de maio de 1865 vemos
esta autorización para os 4 donos de paradas que había en Ordes, texto que
transcribo completo porque me encantou a minuciosidade das descricións equinas
e asnais:
SECCIÓN DE FOMENTO.- CRÍA CABALLAR
Con esta fecha he autorizado
a D, José Veiras*, vecino de la parroquia de Poulo, a don Simón Blanco, vecino
de la parroquia de Santa María de Leira, a don Jacobo Candal, vecino de San
Pedro de Ardemil, y a don Domingo Boquete, vecino de Santa Marina de Parada, en
el Ayuntamiento de Órdenes, para que puedan establecer en el corriente año las
paradas compuestas de los sementales que a continuación se expresan:
Parada
de don José Veiras.
Caballo entero, llamado Pichón*,
edad ocho años, alzada siete cuartas y cuatro dedos, color castaño dorado,
calzado alto de los pies, lucero perdido, de temperamento sanguíneo.
Garañón llamado Pichón, edad doce
años, alzada siete cuartas, color negro morcillo, cabos negros, voci blanco, de
temperamento sanguíneo.
Parada de don Simón Blanco.
Caballo entero, llamado Pichón,
edad catorce años, alzada siete cuartas y tres dedos, negro peceño, cabos
negros, estrella, de temperamento sanguíneo.
Garañón llamado Pichón, edad cinco
años, alzada seis cuartas y media, color negro morcillo, vientre y hocico
blancos, de temperamento sanguíneo.
Parada de don Jacobo Candal.
Caballo entero, llamado Pinto, edad
de trece a catorce años, alzada siete cuartas y dos dedos, color castaño claro,
calzado alto del bípedo posterior, cordón corrido hasta los hollares, espada
romana, de temperamento sanguíneo.
Garañón llamado Pichón, edad doce
años, alzada seis cuartas y ocho dedos, tordo rodado, de temperamento
sanguíneo.
Parada de don Domingo Boquete.
Caballo entero llamado Lindo, edad
cuatro años, alzada siete cuartas y dos dedos, olor castaño claro, cabos
negros, lucero, bebe en blanco, calzado bajo del pie izquierdo, temperamento
sanguíneo.
Garañón llamado Rojo, edad nueve
años, alzada seis cuartas y cinco dedos, tordo oscuro.
Garañón llamado Moro, edad cinco
años, alzada seis cuartas y cinco dedos, color negro morcillo, vientre y hocico
blancos, de temperamento sanguíneo.
Lo que he dispuesto se
publique en este periódico oficial en cumplimiento de lo dispuesto en la Real
Orden de 15 de abril de 1849. Coruña 1º de mayo de 1865.- El Gobernador.
Dado que os asnos sementais chamábanse burraxos,
os donos das paradas eran os burraxeiros.
Propietarios dun negocio boiante, eran a
clase alta do campesiñado.
O nome tiña unha razón de ser.
En tempos anteriores ao uso de maquinaría agrícola as bestas ("mulas" en castelán, non confundir coas
eguas) eran moi valiosas pola súa resistencia e capacidade de traballo, mentres
os cabalos eran máis delicados e propios de xente rica. Por tanto, o cabalo, a
maior parte das veces, tiña a única misión de "quentar" á egua, e
cando a cándida moza estaba disposta entón dábanlle o cambiazo e sacaban ao
burraxo que era o que facía o traballo.
Deste xeito Ordes era un lugar
con gran abundancia de bestas. Unha das tres feiras que había cada mes os domingos
chamábase a "feira das bestas" ou "feira pequena". Había
vacas pero sobre todo bestas, que se poñían no que agora é o lado sur do parque
municipal, a carón do Nogallás e despois dos anos 50 da churrería do Mudo. Alí
había tamén unha báscula onde se pesaban os animais.
O de "feira pequena" era porque non se achegaban os paisanos comúns,
pero si unha morea de compradores, dos que gran parte eran leoneses e
casteláns. Moitos dos animais comprados levábanse despois ata Curtis e alí
embarcábanse no tren cara a Castela.
O outro tipo de paradas eran as dos touros, que eran moito máis numerosas. Así,
a máis próxima á vila de Ordes era a de Ramón da Gurita, pero tamén había a de
Pepito do Alto. Na parroquia de Ardemil había a de Juanito da Carballeira e a
dos Garaboa en Moscoso.
Xa no ano 1928 outra vez nun Boletín
Oficial de la Provincia de La Coruña, o gobernador di que lle chegaran aos seus
oídos certas informacións que "pugnaban con la moral y buenas
costumbres del campo". Así que prohibiu que o acto fose en lugar aberto
ao público e que asistisen menores.
Sospeito que nunca se lle fixo moito caso porque a tarefa de levar o animal á
parada era fácil e non esixía forza física, polo que case sempre se reservaba
aos menores. De feito, se non era a primeira vez que unha vaca ía ao posto, as
outras veces non había que conducila: ela soa se dirixía ao lugar, toda
contenta e a bo paso.
|
Como remate desta historia vou contar unha anécdota que non é exactamente de
Ordes, pero que ben puido pasar aqui.
Había un lugar onde o cura da parroquia era tamén socio da parada. Un día
chegou unha neniña de curta idade levando unha vaca. O sacerdote, incómodo
diante da perspectiva de que unha nena tan pequena presenciase o encontro
sexual, berroulle irritado:
-
Por que non vas dicirlle á túa nai que isto mellor o faga o teu pai?
A rapariga, obediente, marchou coa vaca, pero non pasou demasiado tempo antes
de que volvera de novo. Con total seriadade explicou:
-
Miña nai di que o meu pai non vale, que ten que ser o boi.
|
*
No orixinal pon José Beirós (realmente José Veiras Camba, patriarca dos Veiras de Pardiñas). Os outros son
Simón Blanco Varela, Jacobo Candal Gómez? e Domingo Boquete Fraga. Uns anos
atrás tamén Pedro Pérez dos Peres de Barbeiros tiña unha parada.
En 1886 desaparecera a de Ardemil e a de Parada era rexentada por José
Rodríguez Boquete.
Obviamente "Pichón" era un dos nomes máis habituais para os cabalos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario